Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Radioclub Costa Lugo: 25 anos

miércoles, 24 de septiembre de 2008
Un dos descobrementos mais apaixoantes do home contemporáneo foi a radio, maravilla que permite enviar e recibir mensaxes a distancia de millóns de kilómetros, estar en contacto cos inxenios espaciais lanzados pola humanidade e explorar os mais lonxanos confíns do sistema solar, coñecer detalles endexamais imaxinados de outros
planetas ou comunicar con outros seres en calquera parte da nosa galaxia.

Radioaficionado é toda persoa autorizada para emitir e recibir mensaxes radiados, usando bandas de frecuencia xurídicamente establecidas.

A finais dos anos setenta a radioafición vivíu un “boom” que motivou un alto incremento de practicantes da modalidade. A Mariña non foi allea ó mesmo, polo que se espertou a inquedanza polo fenómeno xurdindo en toda a franxa costeira xentes que, illadamente, practicaban a radioafición, producíndose paseniñamente o coñecemento mútuo a base de contactos persoais, pois vía radio resultaba difícil, dada a intrincada orografía do noso contorno que non permite a propagación directa das ondas de VHF.

O afán de establecer comunicación coa referida banda entre os diversos colegas da zona, e tamén co resto da provincia e a veciña Asturias, levou a un pequeño grupo a concebir a instalación de un repetidor de VHF. Para logralo era preciso un órgano catalizador, capaz de aglutinar no seu seo ó colectivo de radioaficionados existentes na comarca, e así se crea o Radioclub Costa Lugo.

En setembro de 1983 se constitue e se elixe a primeira Xunta Directiva, formada así: Presidente, César Rodríguez “Cesarín”; vicepresidente, Antonio Amor; secretario, José Ramón Lorenzo; vice-secretario Valentín Caramés; tesoureiro, José Roca; vocal de
concursos, Ramón R. Costa e vocal de relacións públicas, Suso Fernández.

O repetidor de VHF, o soño dourado de todos, faise realidade e o Radioclub inicia a súa andaina que a leva a celebrar os 25 anos de existencia, realizando ó longo dos mesmos numerosas actividades de tipo técnico e didáctico, social e humanitario. O seu concurso anual nas bandas de HF e VHF gozan de prestixo no mundo da radioafición de todo o
país, pois de todo él acuden participantes. Feliz efeméride.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información