Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falade galego

jueves, 09 de octubre de 2008
No máis céntrico da Coruña ten monumento solemne Curros, o que pedía ás meniñas coruñesas que falasen galego, deixando "de Castela” os duros acentos.

Como queira que no Bierzo – a chamada Galicia irredenta – está medrando a utilización do galego, parece que nesa zona de Castela-León se escoita a antiga chamada e son máis de corenta mil persoas as que utilizan o idioma galego na súa vida diaria, e nos sete anos que leva impartíndose o galego nos centros educativos o numero de estudiantes multiplicouse por seis.

Só falta que aquí, dentro de Galicia, se nos ocorra utilizar o idioma a cotío e especialmente nos días e actos sinalados. Xa non digamos por parte dos que ocupan cargos públicos porque o seu comportamento pode servir e serve de exemplo para todos os demáis.

Por eso, chama a atención a badalada de hai uns días no Parlamento Galego, no sentido de pedir ós alcaldes que utilicen o noso idioma nos actos públicos. O mesmo piden para os alcaldes de alcaldes, os presidentes das deputacións provinciais de Galicia. PSOE e Bng aprobaron esta proposición non de Lei, non sumándose o Partido Popular a este acordo polo presunto tono imperativo ou impositivo da proposición.

No tono que sexa, hai que entender que o Parlamento ten o dereito de dirixirse a calquera autoridade ou institución de Galicia para suxerir, pedir, recomendar calquera cuestión, mesmo a do uso do idioma.

É pena que teña que efectuarse esta petición. Pero facela está ben. Como estará ben que calquera outra persoa ou institución poida dirixirse a calquera galego para que promova o idioma na súa vida apública. Mesmo poderían dirixirse ós señores deputados do parlamento de Galicia para que o empreguen dentro e fora da institución, nos pasillos e nas xuntanzas, e ata na mesma cafeteria da institución que é onde máis pode relaxarse a disciplina idiomática dos membros da Cámara.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información