Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outubro

jueves, 16 de octubre de 2008
Outubro é un mes de sazón, clásico e de peso. A brincadeira veranega deixa paso á seriedade outoniza, unha seriedade amable risoña, limiar da reconcentración invernal grisenta e apagada. Mes de amarelos, sepias, acastañados, roxizos, ouridourados. Mes de gardar colleitas nas adegas e piornos e de escomenzo de estudos para a mocidade. Así cantou a fartura do Outono o poeta do Ribeiro Eladio Rodríguez.

Pasa polos campos
un alento morno
de quietude e de tranquilidade
Que amorriña os corpos.
A voz do Asosego
Ponse a rezal-a pregaria do Acougo,
Cal si quixese arrular o paisaxe,
Para que o pai outono
Poida durmir o seu sono agustino
Vendo que a colleita xa está nos piornos.

A vendima que non se fixo no setembro faise agora. É tempo de recoller o esforzo de tantos traballos pasados: a poda e a atadura, a cava, as mans de sulfato, a bimba, a espunta e a esfolla… Que haxa, pois, fartura e non pase como coa viña de Guimaráns, que “trabállana cen homes, vindímana dous cans”.

A longaestela das festas setembrinas vaise apagando. A primeiros do mes hai festas do Rosario en moitas vilas e parroquias. Ven o San Francisco, santo moi vencellado á vivencia da natureza que tan ben cadra co noso panteísmo. Pol doce é a Pilarica, a que non quixo ser francesa, e aínda que non sexa advocación especialmente celebrada en Galicia temos que lembrala polo extendido que se atopa o nome entre as nosas mulleres.

En outubro son as dúas grandes festas do outono, festas agrarias da fartura das colleitas e dos froitos e tamén do gando. O San Froilán atrae aos lugueses de toda a volta (Pelúdez incluído) ao vello Lucus Augusti, o ben murado, onde aparte de troula e da ledicia, aprenden xeometría e urbanidade ao pé da muralla, círculo de luz e xisto. A apoteose é o Domingo das Mozas.

E polo dezaoito As San Lucas no Mondoñedo episcopal, con importantes baixas na súa veciñanza pois xa hai ben tempo que non rapa testas mitradas nin civís o Pallarego no medio dos seus ocios musicais, xa non fai un alto nas súas crónicas o barbado lence Santar, nin Cunqueiro escolle entre os feirantes que baixan á Sé personases para a ficción. Tampouco o Rei das Tartas impón a seriedade dos seus bigotísimos detrás do mostrador. As San Lucas son xa unha das últimas grandes feiras do trato cabalar mentres, como no poema de Rilke.

As follas caen; semellan caer de lonxe
Igual que se no ceo murchasen
Altísimos xardíns; caen, van caendo lenes, coma decindo: non.



Deseño de Manuel Torres
Torres Regueiro, Xesús
Torres Regueiro, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Difícil papeleta en Fene: Todos sabemos que as administracións, eminentemente ordenancistas, teñen unh...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información