Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O país dos minifundios

lunes, 20 de octubre de 2008
Nun momento no que o Goberno autonómico está a acometer un importante cambio sobre a cuestión urbanística en Galicia, onde o feísmo e a falla de plantexamento son -a comezos do século XXI- as características fundamentais, recibimos a visita de Sir Peter Hall.

Considerado unha autoridade en materia urbanística, Peter Hall (Londres, 1932) é profesor de Planeamento e Rexeneración na Bartlett School of Architecture da capital británica, un dos centros máis prestixiosos a nivel europeo. A súa visita a Galicia, para inaugurar un congreso en A Coruña, foi recollida por distintos medios de comunicación.

Preguntada a súa opinión sobre a existencia de tres aeroportos na nosa Comunidade, a súa resposta foi do máis razoábel: “Para mín non ten moito sentido… A política máis efectiva é construir un só aeroporto conectado a unha excelente infraestrutura ferroviaria e de autopistas”.

Ten que vir alguén de fora a dicilo e, deste xeito, a lembrarnos que seguimos perdidos en localismos que non conducen a ningures. Galicia, país dos minifundios: con tres aeroportos, tres universidades e seis campus, onde as deputacións provinciais –organismo decimonónico- seguen a controlar o territorio, un territorio que segue sen estar ordeado. Deixémonos de lerias. Unha das causas do noso atraso económico –e cultural- ven precisamente por esa actitude, tan inimiga do modernismo, de barrer para casa, sen matinar no ben común. Temos asignaturas pendentes dende hai moito tempo; unha delas, a comarcalización e o fortalecemento das vilas.

O apuntaba hai uns días un compañeiro de profesión e amigo, chairego de Sancobade, para máis datos. Antón Cendán Fraga, que na súa columna semanal en El Correo Gallego, indicaba: “A comezos dos anos noventa, dende distintos ángulos políticos galegos formulouse por vez primeira a función que poderían desenvolver as comarcas nas relacións entre as Administracións e os cidadáns. Pero aquela aventura durou pouco, por non dicir que foi relegada ao caixón das lembranzas ante a presión de distintas varonías políticas da época, temerosas de perder os seus privilexios…”.

Cunha estrutura territorial obsoleta, pouco moderna e sometida a privilexios clientelares, o actual Goberno da Xunta ten pendente para a vindeira lexislatura aprobar este exame. Non deben de esquecelo cando se poñan a elaborar o temario do acordo programático. E, por certo, benvido Mr. Hall, e grazas.
Paz, Moncho
Paz, Moncho


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Difícil papeleta en Fene: Todos sabemos que as administracións, eminentemente ordenancistas, teñen unh...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información