Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mónica ¿onde te va el dinero?

lunes, 14 de junio de 2004
Mónica é unha rapaza que para o próximo maio cumprirá tres anos, regordeta e de fermosos ollos negros. Seu pai traballa de peón de albanel xa vai para oito meses e a súa nai coida da cuchiquera de porcos que antes levaba o seu home. Mónica, polo tanto, pasa case todo o día na compaña da súa avoa María da que din no pobo que anda todo o día o linlán, levando contos dunha casa á outra, algúns chámanlle o diario de P... (perdoaranme a discrección), o caso é que a nena andar anda paseada.

A avoa María ten unha voz graciosa, como de pito, a gheada e o seseo fan que por veces resulte case intelixible o que di. A avoa María non sabe quen foron os Reis Católicos, tampouco sabe por que a terra xira ó redor do sol ou quen foron os primeiros que pisaron esa lúa que se asoma detrás do loureiro da horta, -non sabe nada de iso!. Sen embargo aínda que a vostedes a avoa María lles pareza unha muller sen moita cultura, ela non é parva, ela observa e cala (ben, o de calar non sempre). Pero observa como o médico que atende na consulta non fala a súa lingua, nin D. Ramón cando di a misa, nin o boticario, nin o fillo de Soutelo que cada ano trae un coche máis grande de San Sebastián, nin o viaxante de zapatos que vén onda señora Milia, nin o secretario do Concello, nin o mestre que lle aquelou os papeis para cobrar, nin... , todos falan en castelán, “por algo será” –pensa a avoa María-. Por todo isto ela decidiu pola súa conta e risco, falarlle en castelán á súa neta de ollos grandes. Así non é estraño escoitar polos camiños de P...: ¡Mónica no agharres eso del chao que te vas a manchar toda!, ou ¡Deja el pero Mónica que está lleno de pulghas y carrachos! e tamén ¡No pises esa bosta que luegho no hay quien lo limpie de los zapatos! etc, etc, etc...

Un día estando a avoa María e mais Mónica na miña casa, asistín a un deses famosos chapurreos da venerable anciá. A avoa María estaba a contarlle a miña nai que pola mañá estivera na casa dos de Xestoso porque a filla máis nova tivera un pequecho e fora levarlle un pouco de chocolate; cando estaba con ese conto acordoulle que o avó da nova criatura déralle a Mónica cinco pesos, polo que de seguido lle preguntou á rapaza: ¿Mónica onde te va el dinero?, a rapaza calaba e a avoa María porfiaba xa enfadada: A ver mujer, ¿onde te va el dinero?, e cando por fin se decatou de que a nena estaba a ensinarlle a man valeira sen os cinco pesos volveuse toda airada para miña nai e díxolle: ¡Ala cona, xa os perdeu!

(Nota do autor)

Hoxe Mónica é unha rapaza que está a rematar a carreira de Medicina en Santiago e que, gracias a Deus, fala un marabilloso galego con gheada e seseo (Ben, desde que tontea cun de trauma seica deixou a gheada). Pero non vos enganedes, - quedan moitas avoas María!

Maio do 1995
Ansemil, Xosé Luis
Ansemil, Xosé Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información